Fabiola García recibe a persoal e usuarios do centro ocupacional O Saiar
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2024
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, recibiu hoxe a persoal e usuarios do centro ocupacional O Saiar, que lle fixeron entrega de decoración de nadal elaborada no propio centro. Fabiola García agradeceulles o detalle e desexoulles unhas boas festas a eles e ás súas familias
Ademais, a conselleira quixo poñer en valor as máis de tres décadas de traballo en favor da autonomía e da formación das persoas con discapacidade intelectual que atesoura este centro, situado en Caldas de Reis. Nas súas instalacións lévanse a cabo diferentes obradoiros de cestería, xardinería, artesanía ou encadernación, que axudan a mellorar a capacitación laboral dos seus usuarios.