Fabiola García pon en valor a cada vez maior presenza das mulleres no deporte profesional

Vigo, 8 de marzo de 2025

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, puxo en valor a cada vez maior e máis importante presenza das mulleres en tódolos ámbito da sociedade, tamén no deporte. Díxoo esta tarde durante o partido de fútbol entre As Celtas e o Dépor B que se disputou no Estadio de Balaídos.

Ademais, a conselleira reivindicou o papel das mulleres no deporte como unha garantía máis para avanzar cara a igualdade entre mulleres e homes. Neste sentido, lembrou que a Xunta de Galicia impulsa diferentes iniciativas para apoiar e impulsar o papel das mulleres nos diferentes sectores económicos e garantir a súa independencia económica e autonomía persoal.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios