Fabiola García lembra que as familias galegas poderán solicitar desde o 9 de setembro o Bono Concilia Familia da Xunta, con axudas de ata 500 euros
O Executivo galego destina 2,6 millóns de euros a este programa para axudar a costear os gastos derivados da atencións aos pequenos en períodos non lectivos
No ano 2025, arredor de 14.000 familias resultaron beneficiadas por esta iniciativa do Goberno autonómico
A Coruña, 2 de setembro de 2026
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, lembrou esta mañá que as familias galegas poderán solicitar desde o vindeiro día 9 de setembro o Bono Concilia Familia, co que a Xunta ofrece unha axuda económica a nais e pais para favorecer a conciliación.
O Goberno autonómico destina 2,6 millóns de euros de fondos propios a este programa, apuntou Fabiola García, que destacou que o obxectivo é axudar a costear os gastos derivados da atención aos pequenos en períodos non lectivos. “É nestes momentos —dixo— cando as ludotecas, os espazos infantís ou as actividades de conciliación convértense nun apoio fundamental para as familias”. Puxo como exemplo centro de coidado e entretemento infantil Paxariños, que visitou onte.
Durante a súa visita, explicou que as familias nas que traballan ambos proxenitores —ou un deles, no caso das monoparentais— poderán recibir a través do bono ata 500 euros para contratar un servizo de coidado a domicilio e ata 200 para levar os seus fillos e fillas a un recurso de conciliación.
No ano 2025, o Bono Concilia Familia chegou a 14.000 familias galegas, indicou a conselleira, que rematou apuntando que a Xunta abre o novo prazo de solicitude destas axudas co propósito de que “ningunha familia teña que renunciar a conciliar por motivos económicos”.