A conselleira de Política Social e Igualdade participou hoxe na sétima xuntanza anual de residencias de maiores organizado por Acolle

Fabiola García destaca a solidez do modelo de coidados de Galicia, baseado na colaboración coas entidades, a universalidade e a proximidade

Puxo en valor a importancia deste encontro, que reuniu a unha decena de centros residenciais de Galicia e contou coa asistencia de 400 persoas

[node:field_media_images:0:entity:field_media_image:alt]

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, puxo en valor esta mañá o modelo de coidados de Galicia, centrado na colaboración coas entidades, na universalidade e na proximidade. Díxoo durante a súa participación na sétima xuntanza anual de residencias, organizada pola Asociación galega de residencias e centros de anciáns de iniciativa social (Acolle) e que de celebrou no Hotel Monumento San Francisco.

Neste encontro, no que se deron cita unha decena de centros residenciais de Galicia e que ao que asistiron 400 persoas, Fabiola García destacou o traballo que realizan entidades como Acolle, que están “fortemente comprometidas coas persoas maiores e que valora e coida dos seus como unha gran familia”.

A conselleira fixo fincapé na solidez do modelo de atención e coidados de Galicia, que se basea na colaboración coas entidades, a través do financiamento de prazas; na universalidade, coa posta en marcha de medidas como o Bono Residencia, e na proximidade dos recursos residenciais.

Por último, Fabiola García apostou por seguir avanzando e consolidando este modelo, que é posible grazas á colaboración de todos os axentes implicados, das administracións públicas e as entidades que traballan no sector.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios