Fabiola García asiste ao segundo cóctel solidario organizado pola Obra Social Pediatría en Santiago

[node:field_media_images:0:entity:field_media_image:alt]

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2025

A conselleira de Política Social e Igualdade, asistiu esta mañá ao segundo cóctel solidario organizado por Obra Social Pediatría na Fundación Laboral da Construción. O obxectivo deste evento é recadar fondos para axudar ás familias con pacientes pediátricos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e contribuír á investigación no eido sanitario.

A entidade Obra Social Pediatría favorece a dotación de recursos e a investigación de máximo nivel para o tratamento e a mellora da calidade de vida destes nenos e nenas. Por iso, a Xunta agradece a súa implicación nunha maior innovación e coñecemento en tratamentos e terapias.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios