Fabiola García acompaña a un grupo de persoas con ELA que finalizan hoxe o Camiño de Santiago

La conselleira de Política Social e Igualdade recordó que Galicia es la primera Comunidad Autónoma en ofrecer una ayuda de 12.000 euros anuales para personas afectadas por esta enfermedad.

[node:field_media_images:0:entity:field_media_image:alt]

Santiago de Compostela, 10 de setembro do 2026

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, recibiu hoxe a un grupo de 70 persoas do grupo CompostELA, integrado por pacientes, familiares, coidadores e un equipo de gardas civís voluntarios que acompañaron aos peregrinos durante o seu traxecto desde O Cebreiro.

Fabiola García destacou a importancia de dar visibilidade á ELA e lembrou que Galicia é a primeira Comunidade en contar cunha axuda directa de ata 12.000 euros ao ano para que as persoas que teñan diagnosticada esta doenza poidan facer fronte aos diferentes gastos asociados. Ademais, habilitouse unha vía preferente para a valoración da discapacidade e da dependencia.

A conselleira fixo unha lembranza a Susi Seoane, vicepresidenta de Agaela, falecida este mesmo ano e, ademais, agradeceu aos membros da Garda Civil as labores de apoio aos peregrinos. Por último, insistiu en que a Xunta seguirá reclamando que as axudas estatais da Lei ELA “sexan para todos os doentes e que non haxa limitacións á hora de utilizalas”.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios