Diego Calvo e Fabiola García asisten ao primeiro partido da tempada do Dépor Abanca

[node:field_media_images:0:entity:field_media_image:alt]

A Coruña, 8 de setembro de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, asistiron esta tarde no estadio Abanca Riazor xunto coa directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, ao partido da primeira xornada da Liga F entre o Dépor Abanca e o F.C. Barcelona feminino. O estadio coruñes acolleu o primeiro encontro da tempada na Liga F para o Dépor feminino no que se enfrontaron ao Barça, últimas campioas da competición. Este foi tamén o primeiro partido do equipo coruñés tras a súa volta á Primeira División, a máxima categoría feminina de fútbol en España.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios