A delegada da Xunta participa na VIII Intervención Artística de Apamp “Imaxinando a Rúa”
Vigo, 20 de xuño de 2025
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou este venres na VIII intervención artística urbana “Imaxinando a Rúa” que se celebrou na Porta do Sol de Vigo. Organizada pola Asociación de Familiares de Persoas con Parálise Cerebral (Apamp), a iniciativa tivo como obxectivo mentalizar sobre a necesidade de que os espazos sexan accesibles e inclusivos, involucrando ás persoas no deseño dos espazos que habitan, para aumentar a sensación de pertenza e ampliar os usos que toda a poboación fai dos mesmos, a través da adaptación do espazo público.