Belén do Campo destaca a experiencia de Adaceco no apoio ás persoas con dano cerebral e ás súas familias

A representante do Goberno autonómico felicitou aos seus representantes pola presentación do seu I Plan de Igualdade que terá vixencia ata xuño de 2028

A Coruña, 21 de decembro de 2024

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, mantivo, esta mañá, unha reunión cos representantes de Adaceco. A reunión encádrase dentro da rolda de contactos permanente que a delegada territorial vén mantendo coas diferentes asociacións e entidades da zona coa fin de coñecer as principais demandas e necesidades do territorio.

Belén do Campo fixo un recoñecemento ao traballo que desenvolve esta entidade a favor da persoas que padecen dano cerebral e das súas familias e destacou a colaboración do Executivo galego con achegas para apoiar iniciativas de dixitalización, integración social e transporte adaptado. A representante do Goberno autonómico felicitou aos seus representantes pola presentación do seu I Plan de Igualdade, que terá vixencia ata xuño de 2028, que ten por obxectivo garantir que o principio de igualdade de trato, oportunidades e non discriminación por razón de sexo estea integrado de forma efectiva en todas as prácticas, políticas e decisións de Adaceco

No encontro lembrou  que o Goberno galego colabora con Adaceco con axudas para a rehabilitación fisioterapéutica da Consellería de Sanidade que ascenderon a 24.000 euros entre os anos 2023 e 2024 e con apoios a través do financiamento de prazas concertadas da Consellería de Política Social e Igualdade que tamén subvenciona os diferentes programas de benestar e mobilidade xestionados pola Federación Galega de Dano Cerebral por un importe de case 400.000 euros en 2023 a través das axudas do IRPF repartidas entre cinco entidades. Ademais, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración conta con apoios para a contratación de persoas desempregadas para a realización de servizos nesta asociación para o que recibiron máis de 100.000 euros nos anos 2023 e 2024

A delegada coñeceu os avances dos seus proxectos de futuro na cidade e fixo fincapé no compromiso de seguir reforzando as liñas de colaboración do Goberno galego con esta entidade.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios