Belén do Campo clausura a V edición da xornada 'A Igualdade, un activo para a empresa'

O encontro foi organizado pola Confederación de Empresarios da Coruña para abordar cuestións como a implantación de medidas de igualdade no ámbito laboral, así como os beneficios económicos e as vantaxes que abarcan ditas medidas

[node:field_media_images:0:entity:field_media_image:alt]

A Coruña, 10 de outubro de 2024

A delegada da Xunta, Belén do Campo, foi a encargada de clausurar a V edición da xornada A Igualdade, un activo para a empresa, organizada pola Confederación de Empresarios da Coruña para abordar cuestións como a implantación de medidas de igualdade no ámbito laboral, así como os beneficios económicos e as vantaxes que abarcan ditas iniciativas. A representante da Administración autonómica subliñou que o Goberno galego “apoia sen fisuras a plena integración e o benestar laboral da muller en todos os ámbitos, unha tarefa que está a desenvolver con compromiso e rigor e mediante o deseño de políticas baseadas en criterios de igualdade”.

A delegada explicou que Galicia conta cun marco legal no que encaixan as medidas xa implantadas  como a nova Lei de Igualdade. A comunidade galega é a primeira administración do Estado en regular este concepto, co que aspira a modernizar e revolucionar a cultura empresarial con base nos valores ambientais, sociais e de gobernanza que están a rexer os mercados a nivel mundial

Belén do Campo referiuse tamén a medidas máis concretas como  a posta en marcha, por primeira vez este ano, dun plan, pioneiro en España, de formación e contratación de mulleres en ocupacións laborais masculinizadas cun investimento de 1,7 millóns de euros” e lembrou a eficacia do programa Emega, de impulso ao emprendemento femenino que en 2024 conta cun orzamento histórico de 5M€ a maior cuantía da historia desta orde de axudas.

A representante do Goberno autonómico destacou que Galicia conta co VIII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, que constitúe o instrumento guía que marca o rumbo das políticas de igualdade no horizonte 2027, con 900 millóns de euros de orzamento. A delegada da Xunta reiterou o compromiso do Goberno galego para “lograr entre todos que a igualdade de oportunidades non sexa só unha cuestión de xustiza social, senón unha necesidade para construír ambientes laborais máis equitativos, eficientes e prósperos”.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios