Arias apoia a campaña informativa que desenvolve Afalu diante da sede da Xunta en Lugo

Lugo, 4 de abril de 2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, amosou o seu apoio á campaña informativa que protagoniza hoxe a Asociación de Familiares e Enfermos de Alzheimer (Afalu) diante da sede da Delegación Territorial.

Arias achegouse ao punto informativo, no que a entidade ofrece material para dar a coñecer os servizos que presta na provincia e facilita o contacto ás posibles persoas interesadas. Ademais, entrega como obsequio un marcapáxinas elaborado polos usuarios do centro terapéutico.

Afalu é a entidade que xestiona o centro de día especializado de Lugo, do que é titular a Xunta de Galicia, e conta tamén cun centro de día en Friol e unidades terapéuticas na Terra Chá e na Mariña.

Temática

Documentación

Ligazóns

Vídeos

Audios