Ángeles Vázquez reivindica o compromiso transversal de toda a sociedade no obxectivo de avanzar cara unha Galicia máis igualitaria
Felicita ás once entidades da provincia de Pontevedra que foron premiadas polo seu compromiso coa igualdade de xénero, destacando que “cada un destes espazos pode ser un lugar desde o que impulsar grandes cambio”
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2026
A conselleira de Política Social e Igualdade, Ángeles Vázquez, destacou hoxe que a igualdade de xénero é unha cuestión que afecta ao conxunto da sociedade e que debe estar presente en todos os ámbitos, como na educación, no deporte, na cultura ou no emprego. Así o asegurou durante o acto de entrega dos Premios de Boas Prácticas en Igualdade da Deputación de Pontevedra, onde estivo acompañada do delegado da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández.
Na súa intervención, Ángeles Vázquez subliñou que estes recoñecementos permiten visibilizar experiencias en materia de igualdade de xénero que poden servir de referencia para outras organizacións e colectivos. “A igualdade constrúese tamén desde o que temos máis preto: os colexios, as entidades sociais, os concellos, os clubs deportivos, a cultura ou o mundo empresarial. Cada un deses espazos pode ser un lugar desde o que impulsar grandes cambios”, sinalou.
Neste sentido, a conselleira de Política Social e Igualdade apostou por “continuar facendo da igualdade unha realidade transversal en todos os ámbitos da sociedade” e avalou as medidas postas en marcha pola Deputación de Pontevedra neste eido.