Comparecencia da Xunta de Galicia nos procedementos penais por violencia de xénero

Que é?

É un servizo polo cal a Xunta de Galicia, dende o ano 2013, a través dos letrados e letradas da Administración autonómica, e sempre que a familia da vítima outorgue o seu consentimento, comparece como acción popular nos procedementos penais iniciados en Galicia por causa de crimes de violencia de xénero.

 

A quen vai dirixido?

Á familia das mulleres vítimas de violencia de xénero.

 

Quen pode solicitalo?

A familia das mulleres vítimas de violencia de xénero.

Cando se solicita?

Nos momentos inmediatamente posteriores a un crime de violencia de xénero. 

No momento en que se procede a presentar a denuncia.

Como se solicita?

Por teléfono.

Onde se solicita?

Nos teléfonos 981 957 677 e 981 545 694.