Axudas e subvencións a entidades locais: Programa de apoio aos CIM (SI427B)
Axudas e subvencións a entidades locais para o programa de apoio aos CIM para o financiamento das seguintes accións:
1. A existencia no cadro de persoal ou na relación de postos de traballo da entidade de prazas para persoal funcionario, laboral fixo ou indefinido para prestar servizos no CIM, en concreto para os postos de dirección, asesoramento xurídico, atención psicolóxica, técnicos/as ou axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero.
2. A contratación laboral temporal ou mercantil de profesionais para a prestación dos servizos de asesoramento xurídico ou de atención psicolóxica, así como para levar a cabo as funcións de técnicos/as ou axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero, sempre que a entidade local non conte con persoal que preste servizos no CIM para realizar as correspondentes funcións