028 Teléfono Arco da Vella

Servizo gratuíto dirixido, en especial, ás vítimas de incidentes de odio ou de discriminación por LGBTIfobia, así como para informar e atender calquera necesidade das personas LGBTI, das súas familias ou das súas persoas achegadas. Ademáis do número de teléfono abreviado, póñense tamén á disposición da cidadanía dúas direccións de correo electrónico: 028-online [at] igualdad.gob.es (028-online[at]igualdad[dot]gob[dot]es) e/ou servizo028arcodavella [at] xunta.gal (servizo028arcodavella[at]xunta[dot]gal).

O 028 é confidencial e atenderá chamadas para recibir información e/ou atención integral (solicitude de axuda tras un ataque, peticións de información relacionadas con delictos de odio ou violencia intraxénero e as chamadas referidas a cuestións de saúde, incluída a saúde sexual e reprodutiva).
 
O 028 tamén atende situacións de urxencia ou emerxencia, derivando de xeito inmediato a chamada ao teléfono de emerxencias 112 de Galicia.
foto dunha persoa agarrando un teléfono, e sobre ela sae o nome do servizo

Servizos

Asesoramento xurídico

Asesoramento emocional e psicolóxico

Itinerarios individualizados de atención social

Orientación laboral e educativa

Información sobre servizos e recursos dispoñibles

Información e asesoramento en cuestións de saúde