Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convocan neste 2026 a 1ª edición do concurso “O noso canto: máis voces, máis igualdade”.
O presente concurso ten como obxectivo continuar unindo voces ao “O noso canto: xuntas resoamos máis fortes” unha obra musical que naceu con motivo do 8 de marzo de 2025 da unión de dúas cancións, “Latexo” e “Aperta”, de distintos estilos, interpretada por artistas con distintas traxectorias e idades, cada unha coa súa personalidade pero que cando esas dúas cancións se reproducían á vez xurdía unha nova canción “O noso canto”. Con esta unión preténdese transmitir a idea de que cando o facemos á vez resoamos máis forte, cando mulleres e homes nos unimos de xeito interxeracional no feminismo e na loita pola igualdade de xénero, o camiño é máis sinxelo e transformador.
Máis información sobre “O noso canto” aquí: https://www.onosocanto.gal/
Cal é o obxectivo?
A promoción da igualdade dentro dos centros educativos de Galicia a través da reflexión, a creatividade e a expresión artística ao redor da obra musical O noso canto e lograr que o canto pola igualdade sexa aínda máis forte, con novas voces e con novos xeitos de interpretala.
Cales son as modalidades e participantes?
-
Modalidade musical: versión da canción “O noso canto”
-
Unha única categoría na que poderá participar alumnado de diferentes cursos e sen límite de participantes.
-
Poderá realizarse individualmente ou en grupo. Poderá participar parte ou todo o alumnado e profesorado do centro.
-
- Modalidade gráfica: representación da letra de “O noso canto”
- 1ª Categoría.- Alumnado de infantil , 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria.
- 2ª Categoría.- Alumnado de 5º e 6º de educación primaria, de 1º, 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e de educación especial.
- 3ª Categoría.- Alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e 1º e 2º de bacharelato, de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.
- Poderá realizarse individualmente ou en grupo, a través de equipos constituídos por un máximo de 8 alumnos e alumnas.
Prazo de presentación
Desde o día seguinte ao de publicación das bases nas páxinas web de Igualdade e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa ata o día 17 de marzo de 2026, ás 15:00 horas.
Forma de envío dos traballos
Só en formato electrónico á seguinte dirección: concurso8m.igualdade [at] xunta.gal (concurso8m[dot]igualdade[at]xunta[dot]gal).
Se tes algunha dúbida poderás contactar por correo electrónico a concurso8m.igualdade [at] xunta.gal (concurso8m[dot]igualdade[at]xunta[dot]gal) e axudarémosche o antes posible.
Podes atopar toda a información no documento das bases da convocatoria adxunto nesta páxina.
