Punto de coordinación das ordes de protección

En Galicia estableceuse no ano 2004 o Punto de Coordinación de Ordes de Protección (PCOP) adscrito ao Servizo Galego de Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade), que leva a cabo o seguimento das ordes de protección das mulleres vítimas de violencia, realizando as xestións oportunas ante as diferentes administracións para facilitarlle o acceso aos recursos existentes e ofrecerlles un marco integral de protección.

Dende o momento no que o PCOP recibe as ordes de protección, ou calquera outra medida xudicial de carácter cautelar, inicia un contacto coa beneficiaria a fin de informala do procedemento que se vai seguir, os recursos de que dispón e a comprobación de que as ditas ordes ou medidas se cumpren correctamente. No suposto de que existan quebrantamentos, se lle informa da canle a seguir para interpoñer a correspondente denuncia. A usuaria é informada tamén, se así o desexa, doutros trámites xudiciais como pode ser a separación ou o divorcio, custodia de fillos/fillas, etc. Por tanto, unha vez recibida a orde de protección, orde de alonxamento ou outra medida, iníciase o contacto coa vítima para, coñecendo a súa situación persoal e as súas propias necesidades, informala do recursos asistenciais e de protección social existentes que pode solicitar.