O directorio de mulleres expertas configúrase como un instrumento no cal se recollan os datos persoais e profesionais de mulleres galegas expertas nas diferentes materias. A finalidade é conseguir a utilización desa capacidade experta tanto polos medios de comunicación como por calquera persoa, entidade ou institución que precise de opinións autorizadas en diferentes temas co obxectivo de conseguir unha maior visualización, prioritariamente nos medios de comunicación, da actividade real e diversificada das mulleres na nosa sociedade.