Marta Álvarez Quintero

Marta Álvarez Quintero, propietaria de Granxas Maruxa
Marta Álvarez Quintero

Marta Álvarez Quintero, é unha emprendedora viguesa afincada en Monterroso (Lugo). Despois de estudar empresariais Marta creou a súa empresa, Granxa Maruxa, un auténtico proxecto ecoloxista onde as vacas holandesas aprenden costumes galegas e escoitan Mozart.

Marta comezou a súa andaina sen ter coñecementos da vida e o traballo no rural, e converteuse nunha exitosa traballadora do campo, motivada polo espírito emprendedor que, a base de esforzó e dedicación, fixo de Granxa Maruxa un gran proxecto que obtivo o recoñecemento de galardóns coma o International Superior Taste & Quality Award outorgado polos 60 mellores chefs do mundo, o Zoco de ouro pola recuperación de sabores antigos, o Premio Nacional de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurales, e o Premio Alimentos de España a Mulleres Emprendedoras.

As Maruxas, galletas de nata e leite ecolóxica, son as culpables dos premios que recibiu Marta e a súa empresa. “Todo comezou cunha pequena caixiña de 200 grs. Hoxe, as Maruxas de Nata, pódelas atopar ata en 5 formatos.”