Emilia Pardo Bazán

Emilia Pardo Bazán foi unha escritora, xornalista, editora e catedrática galega, defensora dos dereitos da muller e precursora do movemento feminista. Foi a primeira muller catedrática en Literatura Contemporánea. O 12 de maio de 2021 conmemórase o 100 aniversario da morte desta escritora que a día de hoxe continúa a aportarnos un gran coñecemento.
Emilia Pardo Bazán

Emilia é unha figura cunha grande obra literaria, na que traballou distintos formatos: novelas como Os pazos de Ulloa, libros de viaxes, artigos, revistas, obras teatrais, contos...
Tanto nos seus escritos coma na súa vida defende unha mesma educación para mulleres e homes, denunciando o sexismo da sociedade e loitando por unha igualdade de oportunidades e dereitos.
Foi rexeitada por tres veces para ocupar un posto de membro na Real Academia Española, xa que naquel tempo había xente que pensaba que as mulleres non debían ocupar traballos de responsabilidade como académicos do idioma.