Alicia Estévez Toranzo

Alicia Estévez Toranzo (Pontevedra, 20 de novembro de 1955), catedrática de Microbioloxía e directora do Grupo de Patoloxía en Acuicultura da Universidade de Santiago de Compostela, foi galardoada co Premio María Josefa Wonenburger Planells 2018.
Alicia Estévez Toranzo
Alicia Estévez Toranzo, catedrática de Microbioloxía e directora do Grupo de Patoloxía en Acuicultura da Universidade de Santiago de Compostela, é promotora dunha decea de patentes de vacinas que preveñen enfermidades en peixes de consumo diario. 
 
As súas principais liñas de investigación están centradas na patoloxía bacteriana en Acuicultura, concretamente na caracterización fenotípica, antixénica e molecular de patóxenos de peixes; no desenvolvemento de métodos de diagnóstico de patóxenos; a epizootiología; a quimioterapia e a vacinación en Acuicultura.
 
Dirixe o grupo de Patoloxía en Acuicultura da Universidade de Santiago de Compostela xunto a Juan Luis Barja, un dos principais grupos de referencia competitiva de Galicia, na que traballan unha treintena de investigadores. Publicou máis de 200 artículos en revistas científicas e case trinta capítulos de libros. Foi Premio Fin de Carreira do Ministerio de Educación e Ciencia e Premio de Investigación “Jaime Ferrán” da Sociedade Española de Microbioloxía. 
 
Convén destacar, ademais, que forma parte do Comité de Expertos de diferentes Comisións para elaborar plans nacionais de investigación e para a avaliación de proxectos; do Comité Editorial de sete revistas científicas; da Real Academia Galega de Ciencias e da Real Academia Galega de Farmacia. 
 
Neste 2018 foi galardoada co Premio María Josefa Wonenburger Planells.