Proxecto Relaciona 2017

PROXECTO RELACIONA 2017:

Relaciona é un proxecto para o fomento da igualdade entre mulleres e homes e a prevención da violencia de xénero desde o ámbito escolar, dirixido ao profesorado, mediante a súa sensibilización e formación.

Quen o organiza?

En Galicia lévase a cabo mediante a financiación do Fondo Social Europeo e o Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, a través da convocatoria e coordinación da Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Dirección xeral de Educación, F.Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Xunta de Galicia.

TÍTULO DA ACTIVIDADE:  

Proxecto RELACIONA 2017: Estratexias para a igualdade, a coeducación e a erradicación da violencia de xénero

MODALIDADE :

Xornadas

FORMA DE PARTICIPACIÓN :

Presencial

PERSOAS DESTINATARIAS.

Profesorado de todas as ensinanzas e corpos

DURACIÓN

12 horas

OBXECTIVOS XERAIS:

1.Desenvolver estratexias de mellora da convivencia entre homes e mulleres

2.Incorporar accións positivas a prol da coeducación

3.Incorporar estratexias para o tratamento da violencia de xénero

CONTIDOS:

1.Escola coeducativa

2.Abordaxe da violencia de xénero

3.Prespectiva de xénero na ensinanza

LUGARES, DATAS E PRAZAS:

1. Centro de formación e recursos:CAFI

Lugar:Santiago

Datas: 6, 13 e 20 de novembro (luns)

Data límite de inscrición:30/10/2017

Prazas: 25

Referencia:S1702019

2.Centro de formación e recursos:Lugo

Lugar:Lugo

Datas: 8, 15 e 22 de novembro (mércores)

Data límite de inscrición:31/10/2017

Prazas: 25

Referencia:L1702017

3.Centro de formación e recursos:Ourense

Lugar:Ourense

Datas: 9, 16 e 23 de novembro (xoves)

Data límite de inscrición:02/11/2017

Prazas: 25

Referencia:O1702026

4.Centro de formación e recursos:Pontevedra

Lugar:Pontevedra

Datas: 7, 14 e 21 de novembro (martes)

Data límite de inscrición:31/10/2017

Prazas: 25

Referencia:P1702025

INSCRICIÓN E MÁIS INFORMACIÓN:

A través da plataforma FPROFE da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: https://www.edu.xunta.es/fprofe/

SELECCIÓN:

Prioridade para as/os docentes participantes en programas de igualdade.

Tema: 
Contido: