PROXECTO “DRAW THE LINE” (DEBUXA UNHA LIÑA). INICIATIVA COMUNITARIA DAPNE III

Obxectivo do Proxecto

O obxectivo do Proxecto Draw the Line( Debuxa unha a liña), é formar a  mulleres inmigrantes que viven en Galicia, para que colaborar en entender e combater a violencia de xénero, traballando con elas para que se convertan en líderes da súa comunidade e nesa comunidade  exerzan como axentes multiplicadores ante outras mulleres inmigrantes que poden non ser conscientes das consecuencias do acoso sexual e a violencia.

As actuacións que se van desenvolver no marco do Proxecto Draw the Line( Debuxa unha liña), irán dirixidas a:

  • Empoderar a varias mulleres inmigrantes(Peer lideres) para abordar o problema da violencia e comprender o seu propio papel na prevención desa  violencia, para que se convertan en líderes formadoras nas súas comunidades
  • Desenvolver obradoiros con outras mulleres inmigrantes configurando  grupos con  mulleres inmigrantes, baseándonos na súa etnia, idioma e diferenzas culturais, para que a actuación das mulleres líderes poida lograr unha mellor aproximación ao problema, dun xeito máis próximo, e establecendo unha relación de maior confianza.
  • Preparar un plan de estudos para a formación de persoal técnico e persoal responsables de servizos sociais, que axuden ás líderes a tomar medidas activas contra la aparición da casos de acoso sexual e violencia  nas súas comunidades.
  • Entrenar ás líderes dos grupos para converterse en multiplicadoras
  • Facilitar ás mulleres inmigrantes a posibilidade de formar grupos de autoaxuda, como poden ser a organización de axuda mutua en caso de ameaza de violencia.
  • Traballar coas todas as institucións locais e autonómicas para a prevención da violencia, contando coas casas de acollida, a policía, etc para lograr unha comprensión más ampla do problema, así como promover accións en contra da violencia de xénero

 Web do Proxecto: http://omega-graz.at/drawtheline/omega.html