Programa REA

O Ministerio de Sanidade Servizos Sociais e Igualdade promove, a través do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades e coa cofinanciación do FSE, o Programa REA, dirixido á formación de persoal formador en materia de sociedade da información para mulleres profesionais

O obxectivo fundamental dos talleres do Programa REA é que as persoas participantes nos mesmos teñan os coñecementos teóricos e as habilidades metodolóxicas para capacitar en TIC a mulleres profesionais de diferentes ámbitos e sectores, desde unha metodoloxía participativa con enfoque de xénero.

Trátase dun taller on-line, cunha duración de 100 horas, que combina elementos relacionados coa metodoloxía participativa e elementos TIC, abordándoos desde un aspecto eminentemente práctico e cun enfoque de xénero.

O taller estrutúrase en 15 sesións: 2 sesións presenciais (ao comezo e ao final do mesmo), que poderán realizarse en modalidade física ou virtual e 13 sesións on-line.

O prazo de matrícula remata o 20 de novembro de 2017. Mais información e matrícula en http://www.programarea.es. Accede desde aquí ao tríptico informativo do Programa REA.

Tema: 
Contido: