Programa de atención psicolóxica a mulleres vítimas de violencia de xénero

É un programa desenvolvido a través dun convenio de colaboración asinado entre a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, que ten por obxecto a atención psicolóxica especializada en situacións de violencia de xénero. A través deste servizo, ponse á disposición das persoas que viven ou viviron situacións de violencia de xénero, unha rede de profesionais da Psicoloxía colexiados e especializados na atencións psicolócia a persoas que se atopan nesta situación. 

O acceso ao servizo é gratuito, e grarántese unha resposta rápida.