O Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade e as Asociacións de Mulleres Empresarias, vai a desenvolver catro talleres cofinanciados polo Fondo Social Europeo en cada unha das provincias galegas, no marco do programa ATENEA.
Os talleres teñen como finalidade promover a participación das mulleres na Sociedade da Información, aumentando a súa confianza e seguridade no uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación tendo en conta os posibles riscos que poden atoparse na Internet e incluíndo unha serie de recomendacións e consellos para previlos.
As novas tecnoloxías poden achegar á sociedade no seu conxunto, á poboación en xeral e ás mulleres en particular, múltiples oportunidades e beneficios, non obstante tamén xorden novos riscos. Como en moitos outros ámbitos, as mulleres presentan maior vulnerabilidade a algúns destes riscos: as fendas dixitais de xénero poden dificultar o acceso ao emprego, á formación ou á información en xeral, ou aparecer novos riscos de sufrir violencia de xénero.
Os datos estatísticos amosan, en relación coas fendas dixitais de xénero no acceso e uso das novas tecnoloxías, unha tendencia a reducirse. Non obstante, seguen existindo diferenzas no uso do comercio e banca electrónica, as descargas de software ou a percepción sobre a seguridade na rede.
Lugares de realización e correos electrónicos de inscrición:
Metodoloxía de traballo
As sesións desenvolveranse seguindo unha metodoloxía participativa transversalizando o enfoque de xénero en todo o proceso. Realizaranse diferentes actividades co propósito de que as participantes consigan descubrir conceptos básicos sobre a seguridade na rede. Propiciarase a realización de casos prácticos que faciliten a aprendizaxe mediante a reflexión grupal.
Obxectivos:
- Capacitar as mulleres para un uso responsable e seguro na rede.
ANEXO DATAS E LUGARES DE REALIZACIÓN
ENTIDADE |
DATA |
LUGARES DE REALIZACIÓN |
E-MAIL DE INSCRICIÓN |
Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo (AELU) |
26/04/2016 (martes) |
Aula de informática do Edificio CEI-NODUS, Avenida da Coruña, 490, (sede de AELU) 27003 Lugo |
|
Asociación de Mulleres e Empresarias da Coruña (AECO-A Coruña) |
27/04/2016 (mércores) |
Centro Iworks 15008 A Coruña |
|
Asociación de Empresarias e Profesionais de Pontevedra (AEPO) |
28/04/2016 (xoves) |
Aula de formación APE GALICIA. R/ Herreros 4. Baixo. 36002 Pontevedra |
|
Asociación de Empresarias e Profesionais de Ourense (AME) |
29/04/2016 (venres) |
R/ Alejandro Outeiriño nº 15- 1ª andar (local da CEO) 32003 Ourense |