O Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades colabora coa Secretaría Xeral da Igualdade para impartir o programa ADA “ Formación en TIC no ámbito educativo “. Este programa consta dunha serie de actividades en centros educativos públicos galegos coa finalidade de promover o interese das nenas e mozos nas ramas tecnolóxicas de estudo. O programa ADA propón a vida de Ada Byron como fío condutor no desenvolvemento das actividades e contará coa intervención dunha tecnóloga como referente feminino no mundo da tecnoloxía.
Para participar nestes talleres déuselles preferencia a aqueles centros educativos que participan no Programa Donas de Si, durante o curso académico 2018-2019, do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Durante o mes de marzo terán lugar 4 talleres nos seguintes centros educativos:, CEIP Plurilingüe de Artes (Riveira) luns 18 de marzo 2019, CEIP de Cerdeiriñas (Vila de Cruces) mércores 20 de marzo de 2019, CEIP de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa) xoves 21 de marzo de 2019 e CEIP de Randufe (Tui) venres 22 de marzo de 2019.