Plan Proxecta

Plan Proxecta

365 días de respeto e Igualdade: prevención da violencia de xénero no ámbito educativo

Obxectivo: proporcionar ás mozas e mozos galegos, dende a escola, formación e ferramentas que lles permitan coñecer e recoñecer a violencia contra as mulleres, e actuar na súa prevención, fomentando a autoestima, a autonomía, o coñecemento da construción social das súas identidades sexuais e a asignación de roles, o que permitirá traballar na eliminación de estereotipos sexistas e de falsas crenzas.

Formación en igualdade e contra a violencia de xénero

Enlace a PLATEGA: https://www.edu.xunta.es/fprofe

Asesoramento a cargo de persoal especialista pluridisciplinar para un óptimo aproveitamento dos recursos:

Sesións de información e sensibilización no ámbito da violencia de xénero

Exposición: Á VIOLENCIA DE XÉNERO DILLE NON”, exposición gráfica ilustrada, dirixida a axudar á mocidade a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas, nocivas nas súas relacións.

Desenvolvemento de obradoiros sobre “Violencia de xénero e o novo contexto dixital", centrados no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xurden no contexto dixital: ciberviolencia de xénero, grooming, sextorsión.

Charlas informativas a cargo de persoal da Policía Autonómica sobre a violencia de xénero e as súas manifestacións.

Charlas informativas a cargo de persoal dun Centro de atención e recuperación de vítimas de violencia de xénero sobre as consecuencias desta violencia nas mulleres, nos nenos e nas nenas.

Xornada de sensibilización: “A nova escravitude do século XXI: Trata de seres humanos con fins de explotación sexual, outra forma de violencia de xénero”

Recollida de lemas contra a violencia de xénero, de entre os cales se seleccionará un lema gañador. Ese lema poderá servir de base para a realización dunha campaña institucional da Xunta de Galicia en contra da violencia de xénero, campaña na que se fará visible a identificación da clase/aula e Centro que creou o lema gañador.

Recollida de lemas contra a violencia de xénero, de  entre os cales se seleccionará un lema gañador. Ese lema poderá servir de base para a realización dunha campaña institucional da Xunta de Galicia en contra da violencia de xénero, campaña na que se fará visible a identificación da clase/aula e Centro que creou o lema gañador.

Donas de sí

Obxectivo: Visibilización e posta en valor da participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e desenvolvemento da sociedade galega contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico e cultural e se supere a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas e/ou secundarias. Para elo propón realizar unha aproximación de conxunto, que contemple a variable xénero, a figuras relevantes da nosa historia para construír e divulgar a memoria histórica feminina de Galicia.

No curso 2016-2017, os proxectos que se presenten deberán incentivar e favorecer o desenvolvemento de actitudes e comportamentos para eliminar actitudes sexistas, evitar os prexuízos e estereotipos de xénero, así como incentivar as alumnas na elección de estudos en áreas científico - técnicas.

Por medio da unidade didáctica de referencia “María Wonenburger. Unha científica adiantada ao seu tempo” transmitiranse contidos relativos a eses temas a través da figura da destacada matemática galega María Wonenburger. Isto serviralles de exemplo de superación, de esforzo e de modelo a seguir. Resultará máis sinxelo aprender matemáticas combinándoas con problemas reais e con outras materias, á vez que tentamos transmitirlles valores fundamentais nesta etapa crucial da súa formación, para incidir na igualdade de xénero na área científico-técnica.

Formación en coeducación e igualdade de xénero

Enlace a PLATEGA: https://www.edu.xunta.es/fprofe

Asesoramento a cargo de persoal especialista pluridisciplinar para un óptimo aproveitamento dos recursos

Recursos:

Unidade didáctica: "María Wonenburger. Unha científica adiantada ao seu tempo".

----