A frase da semana
Mulleres de distintos países damos vida á cultura democrática ao denunciar a opresión de xénero e crear unha conciencia crítica sobre a condición das mulleres (...) enfrontamos a falsa crenza sobre o inevitable da violencia, sacámola do encerro e do silencio, do tabú e da complicidade.
Marcela Lagarde, antropóloga mexicana e activista contra o feminicidio
Témolo duro. Ou aprendemos a facer pactos e a soldar ladrillos nos espazos fortemente estruturados da vida social ou a nosa historia seguirá a ser a do muro de area. (...) Nin floreiros nin ramiños. Nin Venus nin difusas Pléiades. Espazos estruturados das iguais: constelacións entre constelacións.
Celia Amorós: "A gran diferenza e as súas pequenas consecuencias... para a loita das mulleres"
Necesariamente deben establecerse prioridades, que indubidablemente dependerán do poder de negociación dos distintos actores sociais: ou ben a sociedade se organiza tengo coma referencia as esixencias dos tempos de coidados, ou ben se organiza baixo as esixencias dos tempos da produción.
Cristina Carrasc: "Conciliación? Non, grazas. Cara a unha nova organización social":
O mundo non pode permitirse a perda dos talentos da metade das persoas, se é que estamos aquí para resolver a multitude de problemas que nos preocupan.
Rosaly Yalow, Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1977
Un home e unha muller son ata tal punto a mesma cousa que case non se entende a cantidade de distincións e de razoamentos sutís dos que se nutre a sociedade sobre este argumento.
George Sand (Amandine Lucie Aurore Dupin). Escritora francesa.
A muller será realmente igual ao home o día que se designe unha muller incompetente para un posto importante
Françoise Giraud. Escritora francesa
O papel das mulleres no progreso da civilización é moito maior que o do home, polo que elas deberían desenvolver as súas aptitudes dacordo coa súa natureza, sen imitar aos homes.
Alexis Carrel. Médico e escritor francés
Cando se lle concede á muller a igualdade co home vólvese superior a él.
Margaret Thatcher. Primeira ministra do Reino Unido entre 1979 e 1990
O home ten medo a perder o poder, asústano as mulleres que saben o que queren e están seguras de si mesmas.
Amparo Larrañaga, actriz española
Din que a muller é débil. Falso! A muller é tan forte coma o home, se non máis forte ca el.
Sóren Aabye Kierkegaard, filósofo danés