Xornada: estratexias para a dinamización local e fomento do emprendemento feminino

Data: 18/12/2012

Horario: 10:00 – 18:00 horas

Lugar: EGAP - Rúa de Madrid, 2-4 - Santiago de Compostela

18 de Decembro de 2012

DIRIXIDO A:

  • Persoal dos centros de información ás mulleres
  • Persoal das áreas de igualdade, promoción económica e emprego da administración local
  • Persoal das organizacións empresariais e sindicais
  • Persoal das Cámaras de Comercio

PROGRAMA

9.30 Rexistro de participantes.

10.00 Inauguración da xornada.

  • Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.
  • Comissão para a Cidadanía e Igualdade de Género da Presidência do Conselho de Ministros de Portugal.
  • Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
  • Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

10.15 Como dinamizar as mulleres dende o ámbito local: a experiencia da Rede dixital de mulleres emprendedoras na Vía da Prata.

11.00 Ferramentas de coordinación e comunicación: Mapa de recursos para a igualdade.

12.00 Pausa café.

12:30 Obradoiros: Traballo colaborativo e dinámicas grupais.

15.30 Obradoiros: Como fomentar o emprendemento e o autoemprego das mulleres.

17.30 Posta en común dos obradoiros.

18.00 Clausura da xornada.


INSCRICIÓNS

A admisión levarase a cabo por orde de inscrición, que deberá realizarse a través do correo electrónico promocion.igualdade@xunta.es indicando o nome e apelidos, o posto de traballo que desempeña, a organización pública ou privada na que presta os seus servizos e un enderezo de correo electrónico onde se confirmará, de ser o caso, a admisión á xornada. Aforo limitado.

DESCRICIÓN DOS OBRADOIROS

A Xornada contempla o desenvolvemento de dous obradoiros onde se identificarán as necesidades e problemáticas máis sentidas e se procederá á identificación de propostas xerais de mellora, en base aos seguintes obxectivos:

  • Dinamizar un espazo de encontro, coñecemento e posta en común das dinámicas de traballo.
  • Favorecer a creatividade e o contraste de novas posibilidades na formulación de propostas de traballo no territorio.
  • Fomentar a participación e o protagonismo das persoas participantes través de metodoloxías de traballo en grupo que promovan a creatividade.
  • Contribuír ao desenvolvemento e facilitación do traballo a través de propostas viables.

CONTIDOS DOS OBRADOIROS

Sesión de mañá:

Obradoiro 1: Dinámicas colaborativas cos axentes e institución en torno á promoción da igualdade. Tratase dun taller que aborda diferentes mecanismos e ferramentas que axuden a establecer estratexias de traballo colaborativo entre os axentes e institucións :

  • Fomento da cooperación institucional e con axentes clave do territorio na promoción da igualdade.
  • Abrir un espazo de reflexión e sistematización sobre a organización do traballo e planificación de actuacións en torno á igualdade identificando as súas principais eivas.
  • Debatendo e identificando achegas para superar estas eivas de forma colectiva.

Sesión de tarde:

Obradoiro 2: Como ser axentes de dinamización e promoción do autoemprego feminino.

  • Dificultades para presentar o autoemprego como unha posibilidade de acceso ao mercado laboral para as mulleres .
  • Como servir de axentes informadores e orientadores no fomento de iniciativas de autoemprego nas mulleres.
  • Dinámicas de traballo con outros axentes e redes.

A estrutura e metodoloxía de traballo dos obradoiros será común e seguirá o seguinte esquema:

  • Plenario inicial. Permitirá presentar os obxectivos e as sistemáticas de traballo previstas. 
  • Traballo en grupos. As persoas que participen na Xornada dividiranse en grupos de traballo que, ao tempo que favorecen un maior nivel de participación, permitirán un debate focalizado entre as distintas perspectivas presentes ao respecto da temática do obradoiro.
  • Plenario final. O plenario final é o espazo no que se reúne de novo o conxunto das persoas que participan na Xornada. No mesmo, procederase a unha presentación das conclusións ás que chegue cada un dos grupos de traballo constituídos previamente. A partir desta presentación realizarase unha rolda de intervencións aberta, para asentar en maior medida a identificación das conclusións finais . O plenario final será, tamén, o espazo no que se realizará o peche da Xornada.
Contido: