Taller de formación de formadoras en materia de sociedade da información dirixido a mulleres profesionais

O Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades colabora coa Secretaría Xeral da Igualdade para impartir un curso en Pontevedra, coa participación das Delegacións Territoriais da Xunta de Galicia. 

22 de Outubro de 2015

O taller, que terá lugar en Pontevedra, ten como obxectivo permitir ás persoas participantes adquirir os coñecementos teóricos e as habilidades metodolóxicas relacionadas coa sociedade da información e a Igualdade de oportunidades para mellorar a súa empregabilidade e as actitudes emprendedoras das mulleres a través da incorporación de competencias dixitais no seu desenvolvemento profesional. 

Lugar de realización:  Pontevedra (aula de informática da Delegación territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, R/ Fernández Ladreda, 43, baixo, 36003 Pontevedra). 

Prazo de inscrición: ata o día 21 de outubro de 2015. O formulario de inscrición deberá enviarse por correo electrónico ao enderezo xornadas.igualdade@xunta.es e acompañarse dun breve currículo.

 Información e inscricións no correo electrónico xornadas.igualdade@xunta.es e nos teléfonos 981 545353 / 981 545312

 

 

Tema: