Taller de formación de formadoras en materia de alfabetización dixital e empoderamento para mulleres rurais

O Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades colabora coa Secretaría Xeral da Igualdade para impartir un curso en Lugo coa participación das Delegacións Territoriais da Xunta de Galicia. 

13 de Outubro de 2015

O taller, que se realizará en Lugo, ten como obxectivo que as persoas participantes adquiran os coñecementos teóricos e as habilidades metodolóxicas necesarias para capacitar en TIC ás mulleres de diferentes contextos favorecendo a inclusión dixital e a súa autonomía. 

Lugar de celebración: Lugo (aula de informática da Delegación territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Ronda de la Muralla, nº 70, baixo 2º)

Prazo de inscrición: ata o día 8 de outubro de 2015. O formulario de inscrición deberá enviarse por correo electrónico ao enderezo xornadas.igualdade@xunta.es e acompañarse dun breve currículo

Información e inscricións nos correos xornadas.igualdade@xunta.es ou nos teléfonos 981 545 353 / 981 545 312

 

Tema: