- Galego
- Castellano
Tras o éxito de edicións anteriores, a Universidade de Santiago de Compostela. en colaboración co Concello de Lalín e da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, organiza o VII curso de verán Novas fronteiras na igualdade de oportunidades: educar para a igualdade de trato, de 30 horas de duración, e que transcorrerá no Auditorio Municipal lalinense do 19 ao 22 de xullo do 2011.
Repensar a violencia na escola; a convivencia; a educación relacional e emocional; a importancia da comunicación, serán os temas centrais sobre os que xirarán estas xornadas. Para isto, como noutras ocasións, intervirán profesionais e destacadas expertas e expertos que traballan cara a igualdade de oportunidades dende diferentes ámbitos de actuación.
Público destinatario:
As persoas interesadas dispoñen ata o 8 de xullo para matricularse.
Para máis información:
Oficina de Igualdade - Concello de Lalín
R/ Castelao, nº 4-baixo- 36500 Lalín (Pontevedra)
Teléfono: 986 780014 / 986 780014
igualdade@lalin.org
www.lalin.org/igualdade