Curso presencial: Voluntariado no Centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de xénero - 2016

O prazo de inscrición estará aberto do do 9 ao 27 de maio ás 14.30 horas

Santiago de Compostela
02 de Xuño de 2016

DATAS:  2-7-9-14-16 e 21 de xuño de 2016.

HORARIO: 9.30h-14.00h

LOLACIDADE: Santiago de Compostela.

LUGAR: Centro de Recuperación Integral para Mulleres que sofren Violencia de Xénero.

PERSOAS DESTINATARIAS: Entre 25 e 30 persoas voluntarias.

 REQUISITOS: Valorarase ter realizado algunha acción formativa relacionada coa prevención e /ou tratamento da violencia de xénero

DURACIÓN: 25 horas

ORGANIZACIÓN: Secretaría xeral da Igualdade e Dirección  xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta e Galicia

CONTIDO:

  1. Breve Resumo: Que é a violencia de xénero?  Que din as nosas leis da  violencia de xénero?
  2. Consecuencias psicolóxicas en mulleres e menores que sufriron violencia de xénero. Reconceptualización da “vítima”. Recoñecemento de sinais de impacto persoal en menores.
  3. Técnicas de habilidades comunicativas e sociais. 
  4. Técnicas e estratexias de motivación e control das emocións.
  5. Exercicio de dereitos das mulleres que sofren violencia de xénero: especial atención trala aprobación do Estatuto da vítima.
  6. Pautas de actuación do persoal voluntario. Vitimización secundaria. Qué facer e dicir e qué non facer e non dicir sendo persoal voluntario. 
  7. Técnicas de autocoidado para o voluntariado.
  8. Cómo colaborar como persoal voluntario co CRI. Experiencias e boas prácticas.

 

Inscrición aquí