- Galego
- Castellano
O Ministerio de Educación convoca os «Premios IRENE: La paz empieza en casa» para o ano 2011 dirixidos a colaborar, dende o sistema educativo coa erradicación da violencia e a promoción da igualdade real entre mulleres e homes.
Premiaranse experiencias educativas, materiais curriculares e de apoio, así como investigacións educativas que contribúan a previr e erradicar condutas violentas e a promover a igualdade e a cultura da paz, co obxectivo de desenvolver estratexias de convivencia igualitaria entre mulleres e homes.
Os traballos deberán están realizados durante os dous anos anteriores a esta convocatoria e ter repercusión na teoría e / ou práctica educativa. Serán orixinais e inéditos así como non premiados en calquera outra convocatoria, pública ou privada.
A presentación dos traballos poderá realizarse do 28 de abril de 2011 ata o 20 de setembro de 2011.
Estes premios están dirixidos a:
Profesorado e profesionais da educación que exerzan a súa actividade en centros de ensino españois, públicos ou privados, que estiveran en activo durante a realización do traballo que se presenta a concurso.
Profesionais da educación externos ao centro de ensino, cando a experiencia responda a unha necesidade do mesmo e sexa asumida polo profesorado.
Alumnado escolarizado en centros de ensino españois, públicos e privados, no momento da realización do traballo que se presenta a concurso. Neste caso poderán presentar un máximo de tres traballos seleccionados para cada centro que estarán avalados polo equipo directivo como idóneo para a súa participación neste concurso. A presentación do traballo farase mediante o profesor ou profesora do centro que exercera as funcións de coordinación do mesmo.
Premios: