
Revisarche o teléfono e as mensaxes nas redes, non é amor: cada un ten que ter a súa liberdade e intimidade.
A confianza é un dos piares nas relacións de parella: os celos non son parte do amor.

O amor é sempre unha relación entre iguais, e demóstrase con respecto e afecto.

A culpabilidade non é unha forma de querer máis: o amor amósase no día a día.

Cando unha muller di non, quere dicir non. Se non ten graza para as dúas partes: non é unha broma.

Non te sintas mal se tomas unha decisión: a lástima non entra no xogo.

Non todo vale! Na parella ti decides ata onde queres chegar.

Se te extorsiona, non cedas: busca axuda!
Decarga a guía completa en pdf: