Materia de libre configuración

13 de Xullo de 2016

 

A Xunta de Galicia incorpora a “Igualdade de Xénero” como materia de Libre Configuración Autonómica no curso 2016-2017, unha ferramenta educativa máis coa que se busca concienciar aos rapaces e rapazas sobre a importancia da igualdade nas relacións persoais e sociais e, deste xeito, contribuír a evitar condutas de violencia. Galicia convértese así na segunda comunidade autónoma en incluír no currículo educativo unha materia sobre igualdade de xénero.

A materia, que poderán cursar alumnos de 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) dos centros que a soliciten, terá unha carga horaria dun período lectivo semanal. O seu contido foi elaborado por técnicos docentes da Consellería de Educación en colaboración con especialistas da Secretaría Xeral da Igualdade. A materia está estruturada en catro bloques nos que se abordan os conceptos principais sobre xénero e igualdade, as relacións de convivencia e afectividade, a historia da discriminación das mulleres en todos os ámbitos e a violencia machista como consecuencia da discriminación, entre outros.

 

Materia de libre configuración