Guía de literatura infantil e xuvenil para a igualdade

07 de Decembro de 2020

Con esta guía, a Secretaría Xeral de igualdade pretende amosarlle ás nenas e nenos e ás mozas e mozos que outros contidos na literatura son posibles: o empoderamento das mulleres, a repartición de tarefas no fogar, a ruptura cos estereotipos sexistas ou a visualización das mulleres na historia ou na ciencia. As obras distribúense en tres tramos de idade: primeiras lecturas de cor verde, lecturas autónomas de cor vermella (a partir de 8 anos) e lecturas expertas de cor azul (a partir de 12 anos).

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, presentou a Guía de literatura infantil e xuvenil para a Igualdade. Este manual feito en colaboración coa Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, contén unha escolma de obras literarias que son un complemento educativo para o profesorado, para nais e pais e para o noso alumnado.

A promoción da igualdade entre mulleres e homes é un principio que a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta ten como obxectivo reitor da súa acción. López Abella defende que a educación é un dos ámbitos prioritarios xa que é a semente da sociedade presente e futura. Por isto, para a secretaria xeral de Igualdade, a educación en igualdade ten que estar presente en todos os elementos do sistema educativo e da sociedade.

Podedes consultar ou descargar a guía completa aquí debaixo:

Guía de literatura infantil e xuvenil para a igualdade
Tema: