Subvencións para o apoio ao emprendemento feminino: programa Emega

Xoves, 9 de agosto de 2011. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución de 2 de agosto de 2011, da Secretaría Xeral da Igualdade pola que se resolven as solicitudes de subvención para o apoio ao emprendemento feminino(Programa Emega), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Estas axudas están dirixidas a apoiar o emprendemento feminino así como a consolidación de proxectos empresariais liderados por mulleres como medio axeitado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral a través das seguintes áreas de actuación:

- Área de actuación I: apoio á posta en marcha de iniciativas empresariais por mulleres en forma de primas básicas ao emprendemento, a través dunha achega económica que sirva de compensación ao esforzo económico do primeiro período de actividade e estímulo para a creación de emprego feminino.

- Área de actuación II: apoio á mellora de proxectos empresariais liderados por mulleres en forma de primas especiais que sirvan de incentivo para afrontar un proxecto de mellora caracterizado pola creación de emprego feminino estable e de calidade e a mellora da competitividade.

Resolución: 09/08/2011 (ver ligazóns)

Estado de tramitación: 
Resolta
Feitos vitais: 
Colectivo: