Subvencións para o apoio ao emprendemento feminino: programa Emega

O obxecto desta resolución é fixar as bases reguladoras e a convocatoria pública para o ano 2009, das axudas e subvencións establecidas polo Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, polo procedemento de concorrencia competitiva amparadas no réxime de minimis para apoiar o emprendemento feminino e a consolidación de proxectos empresariais liderados por mulleres como medio axeitado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral.

Establécense as seguintes áreas de actuación:

  • Área de actuación I: apoio á posta en marcha de iniciativas empresariais por mulleres.
  • Área de actuación II: apoio á mellora de proxectos empresariais liderados por mulleres.
Estado de tramitación: 
Resolta
Feitos vitais: 
Colectivo: