O obxecto desta resolución é fixar as bases reguladoras e a convocatoria pública, para o ano 2009, das axudas e subvencións para a realización de programas de formación a prol das mulleres mediante a execución dunha serie de actuacións.
Estas, serían as seguintes:
Poderán ser beneficiarias das subvencións para o desenvolvemento das accións formativas reguladas nesta convocatoria as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que realicen accións baseadas no principio de igualdade de oportunidades das mulleres.
As citadas entidades deberán estar inscritas, o último día de presentación de solicitudes, na área da muller do Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais. Quedarán excluídas aquelas que con anterioridade recibisen algunha outra axuda deste organismo e non xustificasen o seu investimento.