Xoves, 5 de xaneiro de 2011. - O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución do 22 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se fai público o esgotamento do crédito para as axudas periódicas de
apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.
Mércores, 19 de xaneiro de 2011. O Diario Oficial de Galicia publica a resolución do 14 de xaneiro de 2011, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases e se convocan axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.
Obxecto
- Esta resolución ten por obxecto establecer as bases, que se inclúen como anexo, que rexerán a concesión de axudas económicas individuais de carácter periódico de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as ditas axudas para o ano 2011.
- O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, tendo en conta, en todo caso, os principios recollidos no artigo 5º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- A finalidade destas axudas é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación en que corren perigo.
Beneficiarias
Serán requisitos necesarios para poder ser beneficiaria:
- Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia. Esta condición acreditarase con algún dos documentos establecido no artigo 3º.2 a) emitido dentro dos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude.
- Ter cesado a convivencia co agresor dentro dos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude.
- Estar empadroada e residir na Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia.
- Percibir uns ingresos mensuais iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente.
A solicitante deberá reunir na data de solicitude e manter ata que se resolva esta e durante a súa percepción os requisitos indicados no punto anterior.
Non poderán ser beneficiarias destas axudas as mulleres que, reunindo estes requisitos, percibisen esta axuda ou a axuda establecida no artigo 27º da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero con anterioridade.
Contía
A contía que poderá acadar esta axuda establécese en función das rendas e ingresos da solicitante da axuda en relación co indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) para o ano 2011, de acordo coas seguintes especificacións:
- Se os ingresos da solicitante son iguais ou inferiores ao IPREM vixente:
- Con carácter xeral: 600 euros/mes.
- Con unha/un filla/o menor a cargo ou cando a vítima teña unha discapacidade³33%: 650 euros/mes.
- Con unha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade³33%: 700 euros/mes.
- Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo: 700 euros/mes.
- Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo e algunha ou algún deles ou a solicitante teñan unha discapacidade³33%: 800 euros/mes.
- Con unha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade³65% ou teñan recoñecido grao de dependencia de acordo coa Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia: 800 euros/mes.
- Se os ingresos da solicitante son superiores ao IPREM vixente e iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente:
- Con carácter xeral: 300 euros/mes.
- Con unha/un filla/o menor a cargo ou cando a vítima teña unha discapacidade³33%: 350 euros/mes.
- Con unha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade³33%: 400 euros/mes.
- Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo: 400 euros/mes.
- Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo e algunha ou algún deles ou a solicitante teñan unha discapacidade³33%: 500 euros/mes.
- Con unha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade³65% ou teñan recoñecido grao de dependencia de acordo coa Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia: 500 euros/mes.
Prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de outubro de 2011.