O obxectivo desta liña de axudas, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, é promover a elaboración de posta en marcha de plans ou accións a favor da conciliación da vida persoal, familiar e laboral que contribúan ademais a superar os estereotipos que adscriben a homes e mulleres a determinadas tarefas e funcións tanto no ámbito profesional como no ámbito privado e familiar.
Entidades beneficiarias
Pequenas e medianas empresas domiciliadas en Galicia ou respecto dos centros de traballo establecidos en Galicia.
Accións subvencionables
Poderase conceder subvención para o financiamento das seguintes actuacións, sempre que a súa realización non sexa anterior ao 1 de xaneiro de 2008:
Contía das axudas
O importe das subvencións será como máximo do 50% do orzamento total da actividade realizada, establecéndose ademais, segundo a natureza da actuación, os seguintes límites.
Farase un primeiro pagamento do 30% da subvención concedida, en concepto de adianto, no momento da notificación da resolución.
Normativa reguladora
Orde do 21 de novembro de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, destinadas a pequenas e medianas empresas (Pemes) para a realización de plans ou accións a favor da conciliación da vida persoal, familiar e laboral (Diario Oficial de Galicia nº 235, do 3 de decembro de 2008).
Prazo de solicitude
O prazo de presentación de solicitudes e demais documentación requirida na orde de convocatoria comeza o día 4 de decembro de 2008 e remata o día 3 de xaneiro de 2009.