O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución do 18 de maio de 2010, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
Obxecto, réxime e finalidade
O obxecto desta resolución é establecer as bases que rexerán a concesión das axudas previstas nos devanditos textos legais. A finalidade das axudas establecidas na antedita lei orgánica é proporcionarlle apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero; a das indemnizacións previstas na lei galega é facer valer o dereito recoñecido por sentenza xudicial ditada por xulgados e tribunais con sede no territorio galego.
Tipos de axudas
Mediante esta resolución convócanse dous tipos de axudas:
Axudas tipo 1: axuda económica de pagamento único para mulleres vítimas de violencia de xénero,que, residindo na Comunidade Autónoma de Galicia, acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego.
Axudas tipo 2: indemnizacións, de pagamento único, a favor das mulleres que sofren violencia de xénero e das persoas dependentes económica ou asistencialmente dunha muller que sofra violencia de xénero que teñan dereito á percepción da indemnización, exista constatación xudicial do incumprimento do deber de satisfacela e, como consecuencia, se produza unha situación de precariedade económica.
Beneficiarias
Axudas tipo 1:
Axudas tipo 2:
Axudas tipo 1
Axudas tipo 2
O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de novembro de 2010, no caso da axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e o 31 de outubro de 2010 para a indemnización recollida no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
Toda a información sobre a documentación a presentar, contías, requisitos etc… no texto da resolución publicado no DOG.