O Servizo Galego de Igualdade convoca axudas e subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, para centros e recursos integrais para mulleres, que ten un orzamento de 1.165.500 euros e está cofinanciada nun 80% con Fondo Social Europeo.
Axudas do Servizo Galego de Igualdade (SGI) teñen como finalidade colaborar económicamente coas entidades de iniciativa social para o mantemento de centros e o desenvolvemento de recursos integrais, incluídos os proxectos formativos para o emprego, dirixidos ás mulleres.
Consisten en dúas liñas de axuda:
Entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, inscritas na área de igualdade do rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais, coa finalidade de apoiar o desenvolvemento de recursos especializados para as mulleres que se atopan en situacións de especial vulnerabilidade, de contribuír tamén ao mantemento de centros que acollen a mulleres sen recursos con dificultades especiais, ademais de considerar axudas específicas para o desenvolvemento de actividades formativas vinculadas á empregabilidade feminina, todo iso co obxectivo prioritario da promoción da igualdade entre mulleres e homes.
Non poderán obter esta condición con carácter específico aquelas que resultaran adxudicatarias en exercicios anteriores de axudas deste organismo para o mesmo ou análogo programa e non xustificaran o seu investimento, e con carácter xeral aquelas entidades nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable do/a interesado/a.
As solicitudes de axuda poderán presentarse durante un mes contando a partir do día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), é dicir, dende o 20 de agosto de 2010 ata o 20 de setembro de 2010.
O prazo de resolución da subvención é de 4 meses a contar desde o día seguinte ao da publicación da resolución no DOG.