Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das subvencións do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, para o apoio á execución de programas sobre igualdade no ámbito universitario e dos organismos públicos de investigación delimitados na convocatoria.
As axudas teñen por obxecto a implementación de actuacións específicas de igualdade de oportunidades no SUG, promovendo a creación e o mantemento de centros, oficinas, cátedras e unidades de xénero ou a realización de cursos e actividades específicas neste eido e nos entes de dereito público e fundacións públicas da Comunidade Autónoma
galega que se dediquen á investigación, sempre que eses programas ou actuacións se leven a cabo coa colaboración de diferentes departamentos ou áreas universitarias ou organismos de investigación.
Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas subvencións para o ano 2009 e ata o 30 de setembro do ano 2010 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, cos tipos que a seguir se indican:
1. Axudas dirixidas ás universidades públicas:
2. Axudas a organismos públicos de investigación, constituídos por entes de dereito público ou fundacións públicas da comunidade autónoma: