Santiago, 9 de xullo de 2012.- O DOG publica a Resolución do 5 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes de axudas e subvencións a entidades locais para a promoción da igualdade, convocadas pola Resolución do 4 de xaneiro de 2012 e cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.
Martes, 24 de abril de 2012. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución do 19 de abril de 2012, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 4 de abril de 2012 pola que se convocan para o ano 2012 as axudas e subvencións a entidades locais para a promoción da igualdade cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE).
Mércores, 11 de xaneiro de 2012.- O Diario Oficial de Galicia Publica hoxe a convocatoria de axudas da Secretaría Xeral da Igualdade aos concellos de Galicia para por en marcha iniciativas no eido da prevención da violencia de xénero, da igualdade e da conciliación, por un importe de 3.633.900 euros.
Estas axudas teñen por obxecto colaborar economicamente coas entidades locais de Galicia na promoción das condicións necesarias para facer efectivo o principio de igualdade entre mulleres e homes, mediante a realización de actuacións dirixidas a favorecer a igualdade de oportunidades e de trato, a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, a participación das mulleres na vida política, económica, social e cultural e á erradicación da violencia de xénero. En concreto, para o desenvolvemento de Programa de fomento da conciliación.
Os concellos dispoñen dun mes para presentar as súas solicitudes a esta convocatoria, que estrutura as axudas en catro liñas de actuación: igualdade, prevención da violencia, medidas de conciliación e apoio aos CIMs. No seu conxunto, cada corporación local pode acceder a un máximo de 67.000 euros de axudas, distribuídos en:
Descarga de solicitudes e máis información sobre os procedementos: