RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convocan para o ano 2013 as axudas e subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas para mulleres e recursos integrais para xestantes e lactantes, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013.
Con data 05 de setembro de 2013 o DOG publica os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 10 de xuño de 2013 descrita no parágrafo anterior. Pódense consultar no último documento adxunto.