Axudas e subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas para mulleres e recursos integrais para xestantes e lactantes

Mércores, 13 de xaneiro de 2012. O Diario Oficial de Galicia publica a Resolución 5 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convocan para o ano 2012 as axudas e subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas para mulleres e recursos integrais para xestantes e lactantes cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE).

Mércores, 25 de xaneiro de 2012. O Diario Oficial de Galicia publica a Resolución do 5 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convocan para o ano 2012 as axudas e subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas para mulleres e recursos integrais para xestantes e lactantes cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE).

  • Esta resolución ten por obxecto convocar para o ano 2012, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas e subvencións ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas para mulleres e recursos integrais para xestantes e lactantes, a través dos seguintes tipos de programas:
  • Mantemento de centros de atención especializada a mulleres (centros de acollida, centros de día) nos que se ofrece asistencia básica (aloxamento, manutención) e programas de apoio ás mulleres en situación de exclusión especial.
  • Recursos integrais específicos para mulleres xestantes e/ou lactantes con fillos e/ou fillas menores de tres anos que conteñan actuacións dos tipos que se indican e semellantes:
    • De información sobre recursos existentes para elas e os seus fillos e fillas.
    • De acompañamento social con medidas de apoio psicolóxico para superación de cargas emocionais provocadas pola situación de embarazo ou maternidade.
    • De orientación, asesoramento e busca de emprego.
    • De adquisición de competencias persoais e sociais adaptadas para a inserción laboral e para afrontar a nova situación persoal.
    • De medidas de apoio urxente.
  • Recursos integrais de axuda para mulleres en situación de risco ou en proceso de exclusión social (reclusas, ex-reclusas, drogodependentes).
  • Recursos integrais de apoio a mulleres en situación de especial protección (anciás soas, mulleres con discapacidade, inmigrantes, pertencentes a minorías étnicas).
  • Recursos integrais de apoio e acompañamento dirixidos a vítimas de violencia de xénero.
  • Aqueles outros que se definan para mulleres en situación de especial discriminación ou desigualdade susceptibles de inclusión no ámbito desta resolución.

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que cumpran os requisitos e compromisos establecidos nas bases reguladoras aprobadas pola Resolución do 10 de maio de 2011 e que estean inscritas na área de igualdade do Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.

Guía do procedemento SI 427A - Axudas e subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas para mulleres e recursos integrais para xestantes e lactantes

Estado de tramitación: 
Resolta