Axudas á conciliación familiar e laboral para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo

A Secretaría Xeral da Igualdade como medida para fomentar a corresponsabilidade e impulsar o cambio dos roles diferenciados entre mulleres e homes, implicando a estes últimos na atención e coidado dos seus fillos e fillas, establece unha axuda económica dirixida a aqueles traballadores que se acollan a unha redución da súa xornada de traballo motivada pola atención e coidado dos seus fillos e fillas menores de tres anos. Estas axudas inclúen tamén ás familias monoparentais.

Obxecto:
O obxecto desta resolución é a regulación do réxime de concesión de axudas económicas a aqueles traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo, así como a convocatoria destas para o ano 2009.

Befeniciarios/as:
As axudas serán concedidas aos traballadores que, entre o 1 de setembro de 2008 e ata o 31 de agosto de 2009, se atopen nunha situación de redución da xornada de traballo de ata un máximo da metade da duración daquela para o coidado dun/dunha fillo/a menor de 3 anos.

O tempo máximo polo que se poderá conceder a axuda á redución de xornada para fomento da corresponsabilidade será de 8 meses ininterrompidos e o tempo mínimo de duración da redución de xornada deberá ser de 60 días naturais ininterrompidos.

Poderán ser beneficiarios das axudas:

  • Homes traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, organismos autónomos, entes públicos de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario e os socios das sociedades cooperativas, sempre que estes últimos pertenzan ao réxime xeral da Seguridade Social, que se acollan á redución de xornada a que se alude no artigo 2º desta resolución.
  • Familias monoparentais en que a persoa solicitante, home ou muller, sexa traballadora por conta allea e se acolla á redución de xornada a que se alude no artigo 2º desta resolución.

Contía das axudas:
A contía desta axuda concederase a través dun pagamento único e estará en función da porcentaxe de redución de xornada laboral que se solicite e da duración desta, que será como máximo de 8 meses. Deste xeito, as contías son as seguintes:

Cando a redución de xornada sexa de ata o 33% da xornada laboral e a súa duración sexa polo tempo máximo de 8 meses:

  • 2.400 euros se é a/o primeira/o filla/o.
  • 2.700 euros se é a/o segunda/o filla/o ou se son xemelgas/os.
  • 3.000 euros se é a/o terceira/o filla/o ou se son trillizas/os.

Cando a redución de xornada sexa superior ao 33% e ata o 40% da xornada laboral e a súa duración sexa polo tempo máximo de 8 meses:

  • 2.700 euros se é a/o primeira/o filla/o.
  • 3.000 euros se é a/o segunda/o filla/o ou se son xemelgas/os.
  • 3.300 euros se é a/o terceira/o filla/o ou se son trillizas/os.

Cando a redución de xornada sexa superior ao 40% e ata o 50% da xornada laboral e a súa duración sexa polo tempo máximo de 8 meses:

  • 3.000 euros se é a/o primeira/o filla/o.
  • 3.300 euros se é a/o segunda/o filla/o ou se son xemelgas/os.
  • 3.600 euros se é a/o terceira/o filla/o ou se son trillizas/os.

Prazo de presentación:
As solicitudes de axuda á redución de xornada poderán presentarse dende o día seguinte ao da publicación da resolución no DOG e ata o 31 de agosto de 2009. Para máis información (documentación, requisitos...) podes consultar a orde completa na documentación adxunta.

Estado de tramitación: 
Resolta
Colectivo: